xoves, xuño 21, 2018

FESTA DA CONVIVENCIA 2018

      Como todos os anos despedimos o curso coa nosa Festa da Convivencia, esta ano tivemos a Paco Nogueiras que nos fixo gozar coa música do seu último disco "Radio BULE BULE".
      Feliz verán e vémonos no próximo curso!!




venres, xuño 15, 2018

DEMOSTRACIÓN DE ACROSPORT

      Onte fíxose na pista do cole unha demostración de "acrosport". Deixámosvos aquí o enlace á nova en Radiofusion:
                    http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=21630





martes, xuño 12, 2018

OFERTA ACTIVIDADES CURSO 2018-2019

    Onte o alumnado do cole levou o comunicado para a reserva de prazas nas actividades do curso 2018-2019. Dicirvos que o grupo de PINTURA de 16:00 a17:00 xa está cuberto, aínda que se pode quedar na listaxe de espera.


mércores, xuño 06, 2018

MOSTRA DO TRABALLO NAS ACTIVIDADES DA TARDE


      Rematan as actividades da tarde no cole e aquí podedes ver unha pequena mostra do que traballaron e o ben que o pasaron as alumnas e os alumnos que participaron nas mesmas.


TEATRO
ROBÓTICA