venres, xuño 30, 2017

MIL GRAZAS!

      A anpa do CEIP Plurilíngüe Centieiras quere agradecer ao equipo directivo Antón Pena, Cristina Acevedo e Ramón Fernández estos dous anos de traballo, esforzo e adicación por e para os nenos e nenas do noso cole, que son o principal obxectivo de toda a comunidade educativa. Mil grazas!

venres, xuño 23, 2017

CEIP CENTIEIRAS NO MEU CORAZÓN!

      Con este vídeo decimos ata logo ás nenas e ós nenos de sexto que deixan este ano o cole, e que sempre levarán Centieiras no seu corazón.


      Aquí podedes ver e descargar o vídeo tamén: CENTIEIRAS NO MEU CORAZÓN

      E grazas a Bea polo vídeo!

FESTA DA CONVIVENCIA 2017!

      Un ano máis toda a comunidade educativa poido gozar dun marabilloso día, deixámosvos aquí unhas fotiños.


       E con nós  TEATRO DOS GHAZAFELLOS, con Contos de lobo. Como nos gustou a todos e a todas!!!
 


      E, por último, a esperada festa da escuma.


      Pasade un FELIZ VERÁN!



luns, xuño 12, 2017

PINTANDO O PARQUE DO COLE

     Agradecer a colaboración a toda a xente que participou no pintado do parque infantil do noso cole, e ao concello pola pintura.
     Menuda sorpresa van levar os máis pequenos cando vexan como quedou de bonito e colorido!









venres, xuño 09, 2017

EXPOSICIÓN DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS

      O alumnado de 6º fixo unha exposición de distintos circuitos eléctricos que montaron para a clase de ciencias.