martes, febreiro 28, 2017

FACENDO FREIXÓS

      O xoves as nenas e os nenos de infantil aprenderon a facer freixós e despois coméronos xunto con outros doces típicos destas datas.

      Agradecemos a colaboración aos pais de Xabier de tres anos, ao avó de Adriana de 5 anos e á Marga coa súa sogra. Moitas grazas!

venres, febreiro 17, 2017

CHEGA O ENTROIDO...E CON EL A BRUXA ENCARNACIÓN





      Coa chegada do entroido chegan tamén os mandados da nosa querida bruxa Encarnación!




       MANDADOS: o LUNS traer algo na cabeza, o MARTES colgar algo da cociña no pescozo, o MÉRCORES traer os calcetíns por fóra dos pantalóns e o XOVES vir coa cara pintada de pirata.

martes, febreiro 14, 2017

IMOS DE ACAMPADA

      Onte as pequenas e os pequenos de infantil fixeron unha acampada na clase. Que diver!


luns, febreiro 13, 2017

CONTARTE CON DIEGO MACEIRAS

      O mércores día 8 visitouo o cole no programa ContArte Diego Maceiras co seu acordeón. Que ben o pasaron. Moitas grazas!


venres, febreiro 03, 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

      O noso cole celebrou o luns 30 o día da Paz. O alumnado realizou distintas actividades con este fin, houbo manualidades, xogos populares, recitais de poesía polas distintas prazas do concello (Ameneiro, Perla e Praza Verde)..., e finalmemte na praza do Concello xuntáronse infantil e primaria, onde unha parella en representación de Centieiras leu o manifesto pola paz. Rematando todas e todos cantando unhas cancións.


  •       Na páxina do CEIP Centieiras tamén tedes fotos e vídeos que podedes ver. 

SOLICITUDE AOS GRUPOS POLÍTICOS DO CONCELLO


xoves, febreiro 02, 2017

CLUB DE LECTURA

      E continuamos coas reunións do Club de Lectura do cole. Agora estamos a ler o libro Decidme cómo es un árbol, do autor Marcos Ana, poeta e preso político que pasou máis tempo nas cárceres da dictadura franquista.
     


    
       Seguimos aumentando e esperamos seguir así!

EXCURSIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

      As pequenas e os pequenos de educación infantil visitaron onte o Aquarium da Coruña, aquí vos deixamos unhas fotiños.