venres, decembro 22, 2017

FELICES FESTAS!

    Onte recibimos a visita de Papá Noel no cole, deixamos unhas fotiños e aproveitamos para desexarvos Felices Festas!
    

luns, novembro 27, 2017

NOVAS MESAS

 Xa están montadas as mesas de madeira no exterior do cole. Agradecentos ao Concello pola colocación das mesmas.



luns, novembro 06, 2017

mércores, outubro 11, 2017

O ATELIER ESTÁ EN MARCHA

      Aquí tedes as mesas que se están a pintar para poñer no exterior do cole, en breve estarán instaladas.



O HORTO XA ESTÁ LISTO!

      O horto do cole xa está listo e o alumnado de infantil estivo a traballar moito plantando repoliños, entre outras cousas.



martes, outubro 10, 2017

DIARIO DUN GRAN MESTRE. ANTÓN PENA

      Nunca nos cansaremos de darche as grazas!



https://www.youtube.com/watch?v=IKucnSVZhTU&feature=youtu.be

      E grazas a Mari Carmen Balado polo vídeo, aínda que nos fixeches chorar moito!

xoves, setembro 07, 2017

venres, xuño 30, 2017

MIL GRAZAS!

      A anpa do CEIP Plurilíngüe Centieiras quere agradecer ao equipo directivo Antón Pena, Cristina Acevedo e Ramón Fernández estos dous anos de traballo, esforzo e adicación por e para os nenos e nenas do noso cole, que son o principal obxectivo de toda a comunidade educativa. Mil grazas!

venres, xuño 23, 2017

CEIP CENTIEIRAS NO MEU CORAZÓN!

      Con este vídeo decimos ata logo ás nenas e ós nenos de sexto que deixan este ano o cole, e que sempre levarán Centieiras no seu corazón.


      Aquí podedes ver e descargar o vídeo tamén: CENTIEIRAS NO MEU CORAZÓN

      E grazas a Bea polo vídeo!

FESTA DA CONVIVENCIA 2017!

      Un ano máis toda a comunidade educativa poido gozar dun marabilloso día, deixámosvos aquí unhas fotiños.


       E con nós  TEATRO DOS GHAZAFELLOS, con Contos de lobo. Como nos gustou a todos e a todas!!!
 


      E, por último, a esperada festa da escuma.


      Pasade un FELIZ VERÁN!



luns, xuño 12, 2017

PINTANDO O PARQUE DO COLE

     Agradecer a colaboración a toda a xente que participou no pintado do parque infantil do noso cole, e ao concello pola pintura.
     Menuda sorpresa van levar os máis pequenos cando vexan como quedou de bonito e colorido!









venres, xuño 09, 2017

EXPOSICIÓN DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS

      O alumnado de 6º fixo unha exposición de distintos circuitos eléctricos que montaron para a clase de ciencias.


xoves, maio 25, 2017

martes, maio 23, 2017

EXCURSIÓN 5º E 6º DE EP

      O alumnado de 5º e 6º de EP chegaron ao seu destino sobre as 10 da mañá. Para máis información consultar a web do colexio ou chamar ao teléfono do centro.

venres, maio 19, 2017

CHARLAS CONTRA AS REVÁLIDAS DE TERCEIRO DE PRIMARIA E CONTRA A LOMCE

Boa tarde

Con motivo da celebración os vindeiros días 30 e 31 deste mes das probas de avaliación (reválidas) de 3º de primaria en TODOS os centros públicos galegos, e coa finalidade de poder espoñer polo miudo a TODAS as familias interesadas os motivos do mais absoluto REXEITAMENTO desta Federación (e do conxunto da comunidade educativa) á realización desta proba, na Xunta Directiva celebrada o pasado venres día 12, acordamos realizar TRES charlas informativas, en Ferrol, Narón e Valdoviño, onde falaremos da importancia que ten manifestar o rexeitamento da realización dunhas probas que so pretenden afianzar a implantación da LOMCE, a lei educativa mais perxudicial da nosa historia.

De momento xa temos data, lugar e hora para as charlas de Ferrol e Valdoviño, e estamos pendentes de confirmación do lugar e hora de Narón. as citas son:

            -- FERROL.... luns día 22 de maio ás 18:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño, xunto ao Centro Comercial Porta Nova).

            -- VALDOVIÑO... mercores día 24 de maio ás 17:30 horas no CPI Atios de Valdoviño, Avenida de San Sadurniño nº 9 de Valdoviño.

            - NARÓN.... xoves día 25 ás 17:30 horas no Salón de Actos do CEIP Virxe do Mar

Xa que este e un asunto que afecta directamente á educación das nosas fillas e fillos, pola importancia que teñen estas probas no afianzamento da LOMCE tal e como xa dixemos, e ante o importante esforzo desmobilizador  que está desenvolvendo a administración educativa, é necesaria a MAIOR difusión posible deste correo e a máxima participación, depende de nos mesmas/os a derrogación final da LOMCE ou que a mesma quede definitivamente implantada como o modelo educativo de futuro.

Esperamos a vosa asistencia a calquera das charlas, ou a todas se o tendes pòr convinte

Saúdos

Javier Sánchez
Presidente da FEANPAS


Federación Comarcal de ANPAS de Centro Públicos de Ferrolterra.

VI XORNADAS DE FORMACION E SENSIBILIZACION SOBRE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE EN BETANZOS



xoves, abril 27, 2017

QUE BONITA ESTÁ A QUEDAR A BIBLIOTECA!

      A biblioteca do cole está quedando chulísima! Podedes ver o debuxo que están a pintar as nenas e os nenos da actividade de pintura con Leandro Lamas e o polbiño que fixo a profe Teresa para gardar os marcadores.


luns, abril 03, 2017

MÁIS CONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

      O mércores viñeron ao cole Marta e Elisa, as tías de Emma de 6º de EI, a contarnos  o conto "El mundo de los colores". Gracias por vir a adicarnos un ratiño!


mércores, marzo 29, 2017

RECUNCHO DE OBXECTOS PERDIDOS

     Temos un novo recuncho para que poidades recoller os obxectos perdidos que van quedando no cole.



xoves, marzo 23, 2017

EXPOSICIÓN DE CERÁMICA "AS NOSAS MULLERES"



Inauguración da exposión (27-03-2017, 11.30 na Casa da Cultura)
      E agradecer a Carme Romero poder compartir espazo coa súa exposición "Meigas, sabias e mulleres boas".

mércores, marzo 22, 2017

martes, marzo 14, 2017

PARA FAMILIAS NUMEROSAS


AGAFAN LANZA SU APP "FAMILIAS NUMEROSAS"

Estimados amigos,

Tenemos el placer de presentaros nuestra nueva aplicación para móviles "Familias Numerosas".

Esta nueva herramienta permitirá a cualquier familia conocer las empresas que apoyan a nuestro colectivo para su ahorro diario. Además, podran consultar todos los beneficios a los que tienen derecho en la administración pública a nivel nacional, autonómica y local.

La nueva App Familias Numerosas está disponible tanto para Android como Ios:

Play Store: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bolboretalabs.familiasnumerosas

 
Más información: http://www.agafan.net/agafan-lanza-la-nueva-app-familias-numerosas/

Esperamos que esta nueva herramienta sea de vuestro agrado y contamos con vuestra máxima puntuación.

Un cordial saludo,

AGAFAN

OBRADOIROS EN FAMILIA



venres, marzo 03, 2017

OS INDIANOS DE CENTIEIRAS

      Aquí vos deixamos algunhas fotos e algúns vídeos coa comparsa dos Indianos de Centieiras que participou no desfile do concello. Gracias a todas a e todos!!
  • No seguinte enlace podedes ver un vídeo cos ensaios previo á saída cara o desfile.



  • E aquí outro vídeo coa participación no desfile.


  


    E gracias a todas e a todos aqueles que compartistes con nós as vosas fotos e vídeos para que poidamos disfrutar deles. 

mércores, marzo 01, 2017

martes, febreiro 28, 2017

FACENDO FREIXÓS

      O xoves as nenas e os nenos de infantil aprenderon a facer freixós e despois coméronos xunto con outros doces típicos destas datas.

      Agradecemos a colaboración aos pais de Xabier de tres anos, ao avó de Adriana de 5 anos e á Marga coa súa sogra. Moitas grazas!

venres, febreiro 17, 2017

CHEGA O ENTROIDO...E CON EL A BRUXA ENCARNACIÓN





      Coa chegada do entroido chegan tamén os mandados da nosa querida bruxa Encarnación!




       MANDADOS: o LUNS traer algo na cabeza, o MARTES colgar algo da cociña no pescozo, o MÉRCORES traer os calcetíns por fóra dos pantalóns e o XOVES vir coa cara pintada de pirata.

martes, febreiro 14, 2017

IMOS DE ACAMPADA

      Onte as pequenas e os pequenos de infantil fixeron unha acampada na clase. Que diver!