xoves, outubro 27, 2016

luns, outubro 24, 2016

AVISO MADRUGADORES E COMEDOR!

      Comunicámosvos que o mércores 26 non haberá madrugadores nin comedor debido á folga de estudiantes convocada para ese mesmo día como protesta ás reválidas.

venres, outubro 21, 2016

O CLUB DE LECTURA

      O club de lectura na radio. Deixámosvos un enlace para que poidades ler a nova...e vos animedes a ler con nós.

xoves, outubro 20, 2016

CIRCULARES INFORMATIVAS ENVIADAS O 20/10/2016

      Deixámosvos a continuación os enlaces coas circulares que se mandan hoxe polos nenos e nenas sobre charlas informativas organizadas polo Concello.

TRABALLANDO NO HORTO!

      As nenas e os nenos de educación infantil e de 1º de primaria estiveron a traballar no pequeno horto do cole. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que ben o pasan.

Plantaron verza galega e repolos, para que coma o coelliño.

martes, outubro 18, 2016

DESCUBRO COMO APRENDO

      Hoxe, martes día 18, comeza no cole en horario de 16:00-17:00 a actividade "DESCUBRO COMO APRENDO. Educación Primaria", que se leva a cabo dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene dentro do programa De Peques a Maiores, Compartindo Espazos. Será na biblioteca no centro e as sesións levaranse a cabo xunto coas familias.


martes, outubro 11, 2016

MÚSICA PARA EMPEZAR O DÍA

Nota de prensa no Diario de Ferrol do día 11/10/2016


     E continuamos con:

Ludwig van Beethoven


luns, outubro 10, 2016

ASEMBLEA XERAL DA ANPA



      A Anpa do C.E.I.P. Centieiras convoca aos seus socios e socias á Asemblea Xeral que terá 
lugar o martes 25/10/2015 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:15 horas en 2ª convocatoria,
na biblioteca, coa seguinte orde do día:



-          Lectura e aprobación da acta anterior

-          Estado de contas do curso 2016/2017

-          Renovación dos cargos da Xunta Directiva

-          Informacións varias

-          Rogos e preguntas



      A directiva



      Fene, a 10 de outubro de 2016

COMUNICADOS DA FEDERACIÓN DE ANPAS

      Deixámosvos o enlace aos comunicados remitidos pola Xunta Directiva Federación Prov. de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en relación coa folga de estudiantes convocada para o 26 de outubro como protesta ás reválidas.


       Ademáis no tabolerio podedes ver o cartaz da convocatoria.

xoves, outubro 06, 2016

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA

      Onte foi a primeira xuntanza do clube de lectura, na que coma sempre pasamos un rato agradable compartindo impresións sobre a lectura escollida para comezar neste curso. A próxima sesión será o mércores 19 de outubro, na que continuaremos a falar sobre o libro Son noxento, de María Xosé Queizán. As portas están abertas para todo o mundo!




Recorte de prensa do venres 07/10/2016 no Diario de Ferrol

martes, outubro 04, 2016

PRIMEIRO DÍA EN ROBÓTICA

      Deixámosvos por aquí unhas fotos do primeiro día en Robótica. Ademáis de desenvolver a actividade fixeron unha presentación para as nais e os pais con vídeos onde se amosaba no que traballaron o ano pasado e presentaron novos contidos, como a impresión 3D. Se alguén estivese interesado nestas novidades debe pasar pola anpa.