luns, setembro 26, 2016

CLUBE DE LECTURA

      A primeira semana de outubro comeza O Clube de Lectura para adultos. Será, ao igual que o ano pasado os mércores de 17.30 a 19.00 na biblioteca do cole. A primeira lectura será da escritora María Xosé Queizán, o libro Son noxento.



      Agardámosvos o mércores día 5 de outubro! 

venres, setembro 23, 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA





ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA

A continuación relacionamos as actividades que a Anpa xestionará no curso 2016-2017, quedarán cos horarios do curso anterior e comezarán en outubro, sempre que se acade o mínimo necesario para facer grupo:
1.     Pintura – (Mércores - 16:00-17:00 h. – quenda cuberta; 17:00-18:00 h.)
2.     Intelixencias múltiples – (Mércores 16:00-17:30 h.) (Pendente de acadar o mínimo necesario)
3.     Teatro – (Martes 16:00-17:00 h.)
4.     Robótica – (Luns 16:00-17:30 h.)
5.   Método Nenoos – (O DÍA 27 HABERÁ UNHA PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE) (Pendente de acadar o mínimo necesario)
O que estea interesado nalgunha das actividades expostas, e aínda non se anotara, que cumprimente os seguintes datos por orde de preferencia.

Ademáis desde Espacio Vivo ofértannos as seguntes novedades: A MÁQUINA DO TEMPO, NOVAS TECNOLOXÍAS, PEQUE CHEFS e LEOTECA "LEÓN DORMIDO". Podedes visitar a súa WEB Espacio Vivo, onde se explica no que consiste cada unha delas.

Fene, 12 de setembro de 2016

A Directiva
.........................................................................................................................................................
Nome e apelidos dos interesados/as e actividade de interese:


NOME E APELIDOS
ACTIVIDADE









Recortar pola liña de puntos e entregar antes do 29 de setembro na anpa ou por correo electrónico: anpacentieiras@hotmail.com

COMO ASOCIARSE AO ANPA



A.N.P.A. de Centieiras

¿Qué é? E unha asociación de nais e pais e titores de alumnos que estean matriculados no CEIP de Centieiras. Os seus fins son:
a)     Asistir aos pais, nais, titores ou titoras en todo aquilo que concirne á educación dos seus fillos e fillas, tutelados e tuteladas.
b)     Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
c)     Facilitar a representación dos pais e nais de alumnos e alumnas no consello Escolar do Centro.
d)     Estimular a participación dos pais e nais de alumnos e alumnas na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
e)     Fomentar as relacións de cooperación do Centro cos outros centros escolares e cos sectores sociais e culturais da contorna.
f)      Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, e a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos e alumnas sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
g)     Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, recadando a atención e as axudas que esta mereza.
h)     Promover reunións de colaboración de pais ou nais con mestres ou mestras e as boas relacións entre ambos os dous.
i)      E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

¿Qué hai que facer para asociarse? Só é necesario que o pai ou a nai comunique a intención de asociarse a un membro da directiva nos dous primeiros meses do curso.

¿Cal é a cota para asociarse? Hai unha cota única anual de vinte euros (20,00 €) por familia, a pagar no momento de apuntarse. As familias que estean exentas de pagar impostos no Concello de Fene, ou que teñan algunha redución dos mesmos, terán as mesmas vantaxes para asociarse, aportando a correspondente certificación dos Servizos Sociais do Concello (é dicir, estarán exentas do pagamento, ou terán unha redución do mesmo). En calquera outra situación non recollida anteriormente, estudarase a bonificación da cota.

Horario da directiva no Centro: Os martes, de 16.00 a 17.00 h, e tódolos días dende as 9.00 ata as 9:30 h.

Vantaxes para TODOS os nenos e nenas:
-          Actividades extraescolares; que dependen na actualidade da existencia desta asociación, que é a que leva a xestión, xunto co Concello de Fene e a Dirección do Centro.
-          O servizo de comedor e de madrugadores; que só se pode xestionar dende a Asociación.
-          As festas organizadas conxuntamente coa Dirección do Centro (magosto, Nadal, Entroido, fin de curso …); nas que se imparte comida e bebidas, e/ou agasallos, para TODOS os nenos e nenas, pais e nais que asistan.
-          Material para o colexio; do que poden dispoñer TODOS os nenos e nenas.
-          Pode servir de axuda, no caso de haber calquera tipo de problema (con profesores, con actividades escolares ou extraescolares).

Esta é unha asociación sen ánimo de lucro, polo que todos os cartos que se conseguen (cotas dos socios, subvencións, …), invístense en necesidades ou melloras.

Este é o resumo das actividades e dos obxectivos da asociación, e unha invitación dirixida ás familias que inda non son socias para asociarse (senón hai socios ou socias non pode haber A.N.P.A.). Calquera axuda sempre é ben recibida.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se desexas facerte socio/a podes acudir á oficina da A.N.P.A. ou cumprimentar o seguinte impreso con todos os datos e entregalo xunto coa cantidade de vinte euros (20,00 €) no local da A.N.P.A. ou no buzón da A.N.P.A.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN COMO SOCIO/A DA A.N.P.A. DE CENTIEIRAS


D. / Dª ____________________________________________ pai / nai / titor / -a dos alumnos/-as

1.     ___________________________________________ do curso __________________
2.     ___________________________________________ do curso __________________
3.     ___________________________________________ do curso __________________
4.     ___________________________________________ do curso __________________
 

        Desexo facerme socio/-a da A.N.P.A. do CEIP CENTIEIRAS durante o curso 2016-2017

Asinado: