venres, xuño 24, 2016

SERVIZO DE MADRUGADORES 2016-2017


      Estimadas familias:

      Informámosvos de que aquelas persoas que estean interesadas no servizo de madrugadores para o mes de setembro do vindeiro curso 2016-2017, deberán avisar á anpa enviando un correo electrónico (anpacentieiras@hotmail.com), do 1 ao 8 de setembro.


      A Directiva da anpa                                                                                                

mércores, xuño 22, 2016

FESTA DA CONVIVENCIA 2016!

      Onte celebramos, como xa é habitual, a festa da con convivencia do curso 2015-2016. Deixámosvos unhas fotiños e aproveitamos para desexar un bo verán a todo o mundo!
      Ademáis agradecer enormemente a colaboración nesta festa de Pan Perlío, panadaría Amaría, panadaría Sampayo, Catering Ferrolterra, Eroski, Imprenta San Esteban, Cabreiroá e ao Concello de Fene.


luns, xuño 20, 2016

PINTANDO XOGOS NO PATIO

      O sábado pola mañá achegámonos ata o cole e pintamos xogos no chan do patio cuberto para que todo o alumnado goce deles.



NOITE NO COLE

      O alumnado de 6º de educación infantil, para celebrar o fin de curso e o seu próximo paso a primaria pasaron a noite no cole. Xogaron, cearon pizzas, leron contos na jaima e ás doce saíron buscar vagalumes...
      Unha noite que non esquecerán en moito tempo, unha noite fantástica, marabillosa e especial!


 
Boas noites!

Bos días!

xoves, xuño 16, 2016

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

      Onte os nenos e nenas da actividade de Intelixencias Múltiples despedíronse coa proxección da película que fixeron durante o curso. Moi ben!!



luns, xuño 13, 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA ANPA

A continuación relacionamos as actividades que a Anpa xestionará no curso 2016-2017, en principio quedarán cos horarios do curso actual e comezarán en outubro, sempre que se acade o mínimo necesario para facer grupo:
1.     Pintura
2.     Intelixencias múltiples
3.     Teatro
4.     Robótica
5.     Capoeira

Nova proposta:
  • MÉTODO NENOOS, é un programa que fomenta o desenvolvemento do alumno ou alumna centrándose no seu potencial intelectual, físico, emocional e creativo, a través dunha metodoloxía creada e impartida por profesionais e con avaliacións periódicas para garantir a calidade do método. Traballan co ábaco soroban, xogos didácticos, traballo corporal e técnicas orientadas á xestión das emocións e mellora das habilidades sociais.
O que estea interesado nalgunha das actividades expostas, xa sexa das impartidas estes anos ou a nova actividade proposta, que cumprimente os seguintes datos por orde de preferencia. Así mesmo, se estades interesados en novas propostas, detalládeas no dito cadro.

  
Fene, 10 de xuño de 2016

A Directiva


 
ENQUISA
Nome e apelidos dos interesados/as e actividade de interese:

NOME E APELIDOS
ACTIVIDADE









Recortar pola liña de puntos e entregar na semana do 13 ao 17 de xuño na anpa ou por correo electrónico: anpacentieiras@hotmail.com

venres, xuño 10, 2016

EDUCACIÓN INFANTIL DE PASEO

      Onte todo o alumnado de edución infantil foi pasar o día ao Parque do pallaso. As mestras de infantil encargáronse de levar galletas e auga para todos e todas. Xa de volta pararon á beira do río Cádavo, onde o concello, para darlle de comer aos parrulos e pombas. Un día xenial!


xoves, xuño 02, 2016

CAFÉ SÓ CON ANABEL ALONSO

Café só. En cunca. En vaso de nocilla. Con azucre e conversa. Ou amargo como a vida.
O baleiro. As esperanzas. O mundo do outro lado do teléfono.
Café. E soa. E o tempo a pasar...


      Onte mércores 1 de xuño rematamos o club de lectura por este curso. Para este día contamos coa presenza de Anabel Alonso, autora do libro Café só. Con ela compartimos as nosas impresións sobre o libro e as diferentes historias que nel aparecen. 
       Contounos como xermolaron algunhas das ideas para a súa escritura, leunos un dos relatos coa proxección de fondo dun vídeo que realizara para a presentación do mesmo...
      Agradecer a Anabel a súa presenza e a charla tan amena coa que nos agasallou. Faltounos o café...podería ser na próxima.



       O próximo curso esperamos poder continuar con esta andadura do Club de lectura, así que vos animamos a que vos apuntedes. Ás veces atinaremos ou non coa escolla do libro, pero aseguramos polo menos algunhas risas!

CHARLA PARA OS PAIS

      O martes 31 de maio e o mércores 1 de xuño tivemos no cole as charlas informativas para as familias, dirixidas pola pedagoga do concello de Fene. O tema a tratar foi o de 'Normas e límites' na educación. A duración das charlas foi de hora e media cada día, pero como se quedaron curtas pretendemos continuar coas mesmas ao longo do vindeiro curso.