martes, maio 31, 2016

FACENDO PIZZA

      Ao alumnado de 6º de EI tocoulle hoxe de facer unhas ricas pizzas coa axuda das súas profes e  dunha mamá que se prestou a colaborar.
      Aproveitamos para dar as grazas a todos esas nais e esos pais que sempre están dispostos a botar unha man. Mil grazas!



CONTAMOS CON 5º DE EI

      Clausura do programa contamos na que participou a presidenta da ANPA. Aquí van unhas fotiños onde vemos como o alumnado de 5º de EI asina e lle fai entrega do cadro que pintaron.





REMATADO O CURSO DE ROBÓTICA

      Onte foi a última sesión de Robótica deste curso. Nesta sesión os pais puidemos achegarnos e ver o estiveron a facer nesta actividade ao longo de todo o ano.
      Deixámosvos un vídeo que nos pasou Espacio Vivo xa hai algún tempo, onde se pode ver algunhas das cousas que fan os nenos e nenas e o ben que o pasan.
      O ano que ven esperamos máis!



venres, maio 27, 2016

CHARLAS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS





      Estimadas familias:


      Con relación ao escrito que enviamos a semana pasada para a realización dunha charla informativa para as familias que así o desexaran, darvos as grazas pola gran acollida que tiveron.

      Nesta ocasión o tema a tratar será o de “normas e límites”, impartido pola pedagoga municipal, María José Paz. A charla terá lugar na biblioteca do centro en horario de 16.00 a 17.30 h.

      As ditas charlas dividiranse en dúas quendas, as que se detallan a continuación:

1ª quenda formada polos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, terá lugar o vindeiro martes.

2ª quenda formada polos cursos de 4º, 5º, 6º de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, terá lugar o vindeiro mércores.



      Fene, 27 de maio de 2016



      A directiva da Anpa

mércores, maio 25, 2016

NOF E PLAN DE CONVIVENCIA

      Aquí vos deixamos os borradores das Normas de Organización e Funcionamento e o Plan de Convivencia nos que se están a traballar no cole. En canto estén os documentos definitivos tamén volos colgaremos no blogue.

  •       NOF

UN NOVO AMIGO!

      Temos un novo amigo que nos axuda a coidar as leitugas!


luns, maio 23, 2016

OS MAIOS

      Aquí tedes un pequeno resumo da festa dos Maios celebrada o venres día 20 de maio. Noraboa ao alumnado e ao profesorado polo seu traballo!


   
  •  E un pequeno VÍDEO
   

 

martes, maio 17, 2016

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

MANUEL MARÍA

venres, maio 13, 2016

CHARLA SOBRE CONVIVENCIA CON DULCE RODRÍGUEZ ANIDO

      O martes día 10 recibimos a visita de Dulce Rodríguez Anido, avogada e experta en temas de convivencia, ademáis de estar moi concienciada en temas de acoso escolar.
      A charla estivo moi interesante, falounos de que é o acoso escolar, como detectalo, como actuar nese caso e da importancia do traballo de toda a comunidade educativa.
      Gracias por esta iniciativa do cole e a Dulce pola súa visita!