mércores, marzo 23, 2016

MALALA

      Aquí vos presentamos un resumo de todo o que traballaron as nenas e os nenos do noso cole o Día Internacional da muller.
  •  Mural coa imaxe de Malala feito polos máis pequenos.
  •  Diploma ao cole pola participación das nenas e nenos de quinto no Fene lendo mulleres.
  • Mural pintado no patio cuberto.
  • O vídeo de MALALA (vídeo no que traballou todo o alumnado, xa fose coas súas voces como coas súas ilustracións). Unha marabilla!

venres, marzo 18, 2016

PAN CON CHOCOLATE E UN POUCO DE POESÍA

      Hoxe as pequenas e os pequenos de infantil teñen un día especial, celebran o Día Mundial da Poesía, que será o 21 de marzo, cunha merenda riquísima de pan con chocolate.

  • Fan o cartel do día
  
  • Organizan o traballo
  • E traballan pasándoo pipa para gañar esa merendiña.


xoves, marzo 17, 2016

TALLER DE POESÍA

      Lembrámosvos que hai un Taller de poesía para nenos/as de 8 a 12 anos que se celebrará na biblioteca municipal de Fene o venres 18 de marzo a partir das 17 horas. 

ATLETISMO DIVERTIDO

      Este venres 18 os alumnos e as alumnas do CEIP Centieiras participarán nas xornadas de 'Atletismo divertido', que se desenvolverán no campo de fútbol dos Pinares, e no caso de que chova, no pavillón deportivo da Xunqueira.

SE CHOVE... QUE CHOVA!

  • Exposición "Se chove que chova", organizada polo CEIP de Centieiras, no salón de plenos da Casa do Concello. (Enlace á páxina do Concello)





ENTREGA DE PREMIOS MORTADELO E FILEMÓN

      Onte, mércores 16, foi a entrega de premios do concurso de debuxo de Mortadelo e Filemón, e alí estivo o CEIP de Centieiras acompañando aos alumnos e alumnas gañadores.


       E trinta exemplares para o cole.


TALLER DE RADIO

      Nenas e nenos do cole, participaron hai xa uns días nun taller de radio organizado polo Concello de Fene, no que entrevistaron ao alcalde de Fene.

venres, marzo 11, 2016

ENTREGA DE PREMIOS 'MORTADELO E FILEMÓN' E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN 'SE CHOVE...QUE CHOVA'

  •    O mércores 16 ás 12.00 , no Salón de Actos da Casa da Cultura, no Museo do Humor, farase a entrega dos premios aos gañadores do concurso 'Mortadelo e Filemón en Fenicia'. 
      Invitación ao evento.

  •      Inauguración da exposición fotográfica 'SE CHOVE...QUE CHOVA'. Que vai ser tamén o mércores 16, ás 11 da mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene.


martes, marzo 01, 2016

DEBATE CONVIVENCIA CON PRESENCIA DAS ANPAS GALEGAS

      Aquí vos deixamos uns enlaces á Voz no que se fala do debate sobre a 'Convivencia Escolar'.

CLUBE DE LECTURA

      Bo día! Lembrámosvos que mañá mércores día 2 temos outra sesión do clube de lectura. Está aberto para todo o que queira participar. Animádevos a probar e pasar un rato marabilloso ao redor dos libros, neste caso seguimos a traballar co libro 'Palabras de auga' do autor Marcos Calveiro.