venres, febreiro 26, 2016

DECRETO XUNTA EN MATERIA DE IGUALDADE

      No TABOLEIRO 'virtual', na parte dereita do blogue, podedes atopar o seguinte documento:

"DECRETO lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto
refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en
materia de igualdade."

“ESPAZO DE FAMILIAS”



NOTA DE PRENSA
 “ESPAZO DE FAMILIAS”
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe o concelleiro Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.
A vindeira semana realizaranse Grupos de Familias en ambos programas.
  • Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria)
As próximas sesións coas familias terán lugar en cada un dos centros escolares que están funcionando os grupos de nenos/as porque faranse conxuntamente cos nenos/as e as súas familias.  
  • No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria)  realizarase a  sesión no centro municipal de servizos sociais.
 O tema que se tratará leva por  título "Como son? Como me ven?"; e se abordará o autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade. Deste xeito, a través de diferentes xogos e dinámicas, falaremos coas familias e os seus fillos/as sobre a influencia das etiquetas, como nos inflúe o que as demais persoas opinen de nós, de qué maneira nos fai sentir e como podemos aprender a querernos a nós mesmos/as axustándonos á nosa realidade e respectando ás demais persoas.
 Os grupos,  as datas e horarios de reunión son as seguintes:

ESPAZOS COMPARTIDOS
(familias e fillos e fillas de primaria)

SUMA E SEGUE
(familias e fillos e fillas de secundaria)
CPI OS CASAIS mércores 24 de febreiro de 17:30 a 19:00 h.
CPI XUNQUEIRA xoves 25 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.
CEIP CENTIEIRAS luns 29 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves 25 de febreiro,  de 17:45 a 19:15 h.

A finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.

  Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación.

A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
As/os profesionais que desenvolverán a actividade pertencen á empresa Atalaia.social. SLNE

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

xoves, febreiro 25, 2016

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

    Esta semana se vos pasades polo cole podedes ver unha exposición dos variados traballos que fan os nenos e nenas de educación infantil.
  • Rosalía.
  •  Malala.
  •  Recortando!

O COLE CONMEMORA O "Día de Rosalía" E CELEBRA UNHA NOVA SESIÓN DE "Contamos"

      Na páxina do concello podedes ler a nova da conmemoración do día de Rosalía e ademáis fálase da nova sesión do programa 'Contamos' con Ánxela Franco, presidenta da Comisión de Educación da Deputación Provincial.


      E tamén vos deixamos unha mostra dos traballos realizados polas nenas e polos nenos do cole para a conmemoracion do Día de Rosalía.



venres, febreiro 19, 2016

ROMÁN MONTESINOS. METÁFORAS VISUAIS.

    O mércores día 17 os alumnos e alumnas de Educación infantil, xunto as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria visitaron a exposición de Román Montesinos, 'METÁFORAS VISUALES'.

     Deixámosvos uns enlaces onde podedes ver como foi esa visita:

GAÑADORES DO CONCURSO 'MORTADELO E FILEMÓN EN FENICIA'

    Felicitar aos gañadores do concurso de Mortadelo e Filemón convocado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene.
    Podedes ver a noticia na páxina do concello de Fene, www.fenecidadan.net 
    E en especial felicitar ao alumno do noso cole, Jaime Ameneiros Fernández, que participou na categoría 4º, 5º, 6º de primaria, por un traballo presentado co título “Exposición Ibáñez” e resultando gañador.

      Noraboa Jaime!

     E tamén a alumna Irene Beatriz Díaz García, que como a participación na categoría
4º, 5º, 6º de primaria foi moi elevada, o xurado decidiu uns accésits, sendo un deles para esta alumna. O seu traballo titúlase “Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción”

      Parabéns Irene!

xoves, febreiro 18, 2016

SEGUNDA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA

      Deixámosvos unha foto da segunda sesión do clube de lectura na que, ademáis da lectura do libro, gozamos e aprendemos do enriquecedor vocabulario do que fai uso o autor Marcos Calveiro. Aquí unha pequena escolma desas palabras: enfiete, afouteza, estartelados, señardade, pucharca, fardel, bocalán, tulla, remol....



 

luns, febreiro 15, 2016

Revista 'PARTICIPACIÓN EDUCATIVA'

      Deixámosvos un enlace ao Número 7 da revista «Participación Educativa» do Consello Escolar do Estado, que ten como tema central «As relacións entre familia e escola».

CLUBE DE LECTURA

      Aproveitamos para lembrarvos que este mércores día 17 volve reunirse o clube de lectura, en horario de 17:00 a 18:30, por se a alguén lle apetece acompañarnos.

      O libro que imos ler e traballar sobre el é 'Palabras de auga', do autor Marcos Calveiro. 


                                                           Resultado de imaxes para palabras de auga                                 


      Animádevos!

ENTROIDO 2016


      Aquí vos deixamos un par de fotiños de como foi o Entroido no cole este ano.


  •     Todo o cole formando o arco da vella.



  • E unha representación do ANPA, as nubes que acompañaban a ese arco da vella.
        


xoves, febreiro 04, 2016

ATENCIÓN! CAMBIO DE TELÉFONO DO CENTRO

   Lembrámosvos que esta semana o centro nos enviou á casa unha nota informativa na que nos comunicaba o novo número de teléfono do mesmo. Nota que dicía o seguinte:

        CEIP Centieiras

  Estimadas familias:
      Comunicámoslles que a Xunta de Galicia procedeu a diferentes cambios no servizo de telefonía deste centro educativo, polo que, a partir do día de hoxe, deberán utilizar un novo número de teléfono para comunicarse coa secretaría do centro. Este número, para calquera consulta ou información, será sempre o 881 930 134, quedando anulado o número telefónico anterior. Haberá tamén un segundo número, de uso máis restrinxido, que corresponderá co despacho do equipo directivo e que,  por razóns de horario, non sempre será atendido.  Este número é o 881 930 133.
      Sen máis, e recordándolles que mañá mércores comezamos coa primeira reunión do club de lectura do centro, e animando a todas as nais e pais a que nos acompañen nesta aventura literaria, quedamos á súa dispisición en

                                                                                             Fene, a 2 de febreiro de 2016


                                                                                                             O equipo directivo

mércores, febreiro 03, 2016

MANDADOS DA BRUXIÑA ENCARNACIÓN

   Xas temos aquí de novo o Entroido e con el os mandados da bruxiña Encarnación.

  • Martes día 2:  AO COLE HAS DE VIR CUN OLLO TAPADO E OUTRO SEN CUBRIR.
  • Mércores día 3:  MANDA PARA SE ABRIGAR A CABEZA E O FRÍO ESPANTAR.
  • Xoves día 4:  DA CASA HAS TRAER MIL MARCAS DE BICOS QUE QUEREMOS VER.
  • Venres día 5:               
                                               CANDO CHEGUE O VENRES                                                                                                 TODOS XUNTOS XA 
                                               DE MOITAS CORES
                                               IMOS DESFILAR.
                                               SEREMOS UN MUNDO
                                               CHEO DE COR!
                                               SEREMOS UN SOÑO
                                               DE MOITA ILUSIÓN!
                                               QUE VEÑA O ENTROIDO
                                               E SE QUEDE AQUÍ!
                                               QUE VEÑAN AS FESTAS
                                               QUE QUEREMOS RIR! 





 

COMUNICADO COMPARSA

   Comunicámosvos desde a anpa que este curso escolar non haberá comparsa debido a que non se acadou o número mínimo requerido de participantes (16 nenos e nenas ou 16 adultos).
   É unha mágoa que non puidésemos continuar cunha tradición que levaba xa moito tempo, pero agardamos que o próximo ano se anime moita xente e poidamos volver retomala.

   Un saúdo.

luns, febreiro 01, 2016