venres, novembro 20, 2015

VISITA DO MEL DE GOENTE



O venres 20/11/2015 os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria asistiron a unha charla sobre as avespas asiáticas. Para os nenos e nenas de educación infantil fíxose unha pequena exposición (niños de avespa, traxes de apicultor, distintos aparellos e mel). Tamén houbo unha degustación do mel. A visita a levou a cabo a organización do mel de Goente.

Unha pequena mostra do feito:



xoves, novembro 19, 2015

ESPAZOS COMPARTIDOS 24 DE NOVEMBRO EN CENTIEIRAS


   Aquí vos deixamos unha información remitida desde o concello das sesións de ESPAZOS COMPARTIDOS. Ademáis no TABOLEIRO podedes ver o cartel desta actividade.

   No CEIP Centieiras sería o 24 de novembro de 17:00 a 18:30 h para educación primaria.




“ESPAZOS  FAMILIARES”

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade,  leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan o programa de ESPAZOS FAMILIARES, subvencionado pola Deputación da Coruña.

Comezan as sesión de espazos de familias, abertos a toda  a  poboación, onde se tratarán aspectos relacionados coa educación e desenvolvemento das mozas e mozos. Desenvolveranse dous grupos:

  • Este xoves, 19 de novembro terá lugar o esta sesión dirixida a familias con fillas/os    cursando educación secundaria, que se reunirán no Centro Municipal de Servizos Sociais  de San Valentín, de 17:45 a 19:15 h.

  • O próximo martes 24 de novembro, terá lugar o esta sesión dirixida  a familias con fillas/os    cursando educación  primaria, , no CEIP Centieiras, en Perlío, de 17:00 a 18:30 h.

En ámbolos grupos celebrase esta primeira sesión abordando o tema de comunicación e disciplina positiva. A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.

Estas sesións son impartidas por educadoras da empresa Atalaia.social

A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

mércores, novembro 11, 2015

PEQUEDEPROTE E PATINAXE EN LIÑA, ÚLTIMO DÍA DE PORTAS ABERTAS!

     Este xoves, día 12, vai facerse un último día de proba das actividades PEQUEDEPORTE e PATINAXE EN LIÑA, unificadas ambas actividades, de 17:00 a 18:00 horas.

     No caso de que se forme grupo a actividade quedaría co seguinte horario:

                                         Luns de 16:00 a 17:00 horas
                                         Xoves de 17:00 a 18:00 horas

venres, novembro 06, 2015

O OUTONO

   Hoxe día 6 de novembro celébrase no cole a festa do magosto, pero ademáis durante estos días temos na entrada unha exposición coas froitas e froitos desta estación na que nos atopamos e outros traballos realizados polos peques en relación ao outono.



   E todo listo para comezar coas castañas!


martes, novembro 03, 2015

PEQUEDEPORTE E PATINAXE EN LIÑA



 O xoves 5 de novembro, de 16.30 a 17.30,  haberá un día de proba (portas abertas) para as actividades de PEQUEDEPORTE e PATINAXE EN LIÑA. Ambas actividades dirixidas a nenos e nenas entre 3 e 7 anos e impartida por ‘Curuxas deporte e lecer’.

   Días: LUNS e XOVES
   Hora: 16.30-17.30
   Prezo: 15€ (2º irmáns 8€)
   Máis información no TABOLEIRO.