martes, outubro 27, 2015

O COMEDOR




  A petición da nova dirección do centro, o concello pintou o comedor dunha cor mais clara. Isto xunto co cambio de cortinas e outras reformas por parte da anpa, dan unha amplitude e claridade ao comedor.

xoves, outubro 22, 2015

RICA MERENDA PARA ELECCIÓN DA NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA DO COLE



    Aquí vai unha pequena colección de fotos da fauna que acompañou á fonte de chocolate que merendaron os nenos e nenas do cole a semana pasada, recompensa polos seus debuxos para escoller a nova mascota da biblioteca.

venres, outubro 02, 2015

Convocatoria ASEMBLEA XERAL 20/10/2015 - 16:00 h.

A ANPA   do  C.E.I.P. Centieiras convoca aos seus socios/as  á  Asemblea Xeral  que terá lugar 
o  martes  20/10/2015  ás  16:00 horas en 1ª convocatoria  e  ás  16:15 horas en 2ª convocatoria, 
na aula de galego (2º andar) coa seguinte orde do día: 

-          Lectura e aprobación da acta anterior
-          Estado de contas do curso 2014/2015
-          Renovación dos cargos da Xunta Directiva
-          Informacións varias
-          Rogos e preguntas.


A DIRECTIVA


Fene  a 2 de outubro de 2015