venres, xuño 14, 2013



LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2013-2014

   A continuación deixamosvos un enlace no que poderedes descargar a relación de libros de cada curso.

  Relación de libros 2013-2014
BANCO DE LIBROS:

   Tendo en conta que estamos no remate do curso, lembrámosvos que un ano mais levarase a cabo o sistema de doazón/recepción de libros. Quen estea interesado/a no sistema, que se poña en contacto coa ANPA. O proceso sería:

  • A entrega dos libros na ANPA será a partires do día 19 de xuño ata o 25 de xuño co seguinte horario:

                                Día 19 de xuño de 09:00 a 10:00
                                Día 20 de xuño NON se recollerán por ser o día da Festa da Convivencia
                                Do día 21 ó 28 de 10:00 a 12:00

  • A recollida dos libros prestados será os días 26, 27 e 28 de xuño en horario de 10:00 a 11:00.
   Aquelas persoas que non poidan acudir nos horarios enriba expostos póñanse en contacto coa ANPA a través do teléfono do Centro ou do correo electrónico da ANPA.

   Para que o sistema funcione é necesario que os pais/nais colaboren para que poida haber un sistema de intercambio entre tódolos nen@s.

Información enviada polo Concello de Fene

Impresos de DOAZÓN e Impreso de SOLICITUDE DE DOAZÓN